Esta mañá inaugurouse en Vigo a XII Conferencia Internacional sobre o futuro da pesca, organizada pola Cooperativa de Armadores de Vigo. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu ao acto de apertura e nel salientou a recente decisión unánime do Parlamento galego de instar ao Goberno central a rebaixar o IVE do peixe.

