Hai pouco máis dun mes que prosperou a moción de censura en Noia e o goberno formado por PP e NOIA deu paso á unión de PSOE e En Marea co apoio do BNG e do concelleiro non adscrito Luís Alamancos. Nun primeiro momento o equipo de Goberno estaba só formado por socialistas e En Marea, sen embargo o alcalde, Francisco Pérez, anunciou unha recente incorporación: a de Luís Alamancos liderando as áreas de Policía Local e Seguridade Cidadá e Vial

