Hai anos que o sector pesqueiro e marisqueiro están a pasar por malos momentos. Faltan cotas para capturar especies, o marisco non medra nos bancos, non hai ingresos pola escaseza de recurso e administracións como a europea non fan máis que poñer trabas para garantir o futuro e a viabilidade desta profesión tan relevante en Galicia e na comarca. O senador popular, Manuel Ruiz, lamenta a acción de determinados lobbies ecoloxistas que ademais reciben apoio dende Bruxelas.

