Quedan apenas cinco días para a volta ao cole e o Colexio de Podólogos de Galicia vén de compartir unhas claves para que sexa saudable para os pes dos máis pequenos. Hai moitos aspectos que se teñen en conta, pero outros que quizais non están tan presentes, como os pes dos nenos e das nenas. Para previr doenzas ou patoloxías, os podólogos fan unha serie de recomendacións, unha das primeiras vencelladas ao calzado.

