Agosto afronta o seu final e setembro traerá consigo o inicio dun novo curso escolar. As librerías da comarca comezan a rexistrar máis movemento xa que as familias máis previsoras están xa a facer as reservas dos libros de texto para o novo ano lectivo que se iniciará o 8 de setembro.

