Esta mañá o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado da conselleira de Medio Rural, María José Gómez, visitou a Adega Tapias Mariñán, cuxos viñedos sufriron o lume de Verín. O titular do Goberno galego sinalou nese lugar a necesidade de manter cando menos a presenza do Exército na nosa comunidade durante a fin de semana para axudar en labores de contención e recanalización.

