Esta mañá o titular do Executivo autonómico, Alfonso Rueda, estivo en A Caridade, no concello de Monterrei, para coñecer a súa situación. Na súa visita o presidente da Xunta garantiu a celeridade na aplicación das axudas para paliar os danos provocados polos lumes. Medida que se aprobará no Consello da Xunta extraordinario que se celebrará a vindeira semana en Ourense xa que Rueda afirmou que hai que intentar que as cousas volvan a como estaban antes do incendio o máis rápido posible.

