Hai máis de dous anos que o Colexio de Avogados do Partido Xudicial de Ribeira reclama que a localidade non perda a competencia en violencia de xénero logo de anunciar a creación dun xulgado específico en Santiago para tratar estas cuestións. A súa delegada, María Briones, apunta que na actualidade estase nun punto moi delicado logo da aprobación definitiva a través dun Real Decreto esta creación dun xulgado de violencia de xénero na capital galega.

