O ano pasado arrancou en Ribeira unha nova iniciativa pensada para un público familiar: a Xuntanza de Esculturas de Area de Ribeira. Neste 2025 deuse un paso máis, alongando as citas por todo o verán. O domingo foi a quenda da praia da Corna onde se deron cita 122 nenos e nenas e case 280 adultos.

