O sábado viviuse en Noia e Outes unha intensa xornada de natación. Esta proba, que naceu pola iniciativa dun grupo de amigos cuxa paixón é este deporte, está a medrar e nesta terceira edición rondou o centenar de participantes. O sábado todos estaban na Central do Tambre, onde se deu o pistoleiro de saída á competición.

