A sardiña é unha das especies máis importantes que captura o cerco da comarca e de Galicia. Logo de anos complicados para a flota autónoma e de Portugal pola escaseza que tivo esta especie, agora está de celebración. A sardiña ibérica vén de obter o selo azul de Manine Stewardship Council (MSC), recoñecendo á pesqueira pola súa xestión transparente e sostible. Algo que enxalzou a conselleira do Mar, Marta Villaverde.

