O actual Executivo noiés ten os días contados logo de que a oposición presentara este luns a moción de censura. O ata de agora alcalde, Santiago Freire, defendeu a xestión feita polo grupo de Goberno e destacou as últimas obras realizadas e unha que vén de licitar a Xunta por 11,2 millóns de euros.

