A vila de Noia volve a ser o punto de referencia da arpa a nivel internacional. Onte botou a andar unha nova edición do Noia Harp Fest, a duodécima que permite ao municipio ser a sede do único festival do noroeste peninsular adicado a este instrumento. Alba Barreiro foi unha das encargadas de abrir as actuacións e ofreceu un concerto exclusivo no que estivo acompañada polo flautista Fernando Raña. Ademais desenvolveuse nun lugar referente da vila: Santa María A Nova.

