O pasado venres, 25 de xullo, foi o Día de Galicia e desenvolvéronse diferentes actos para conmemorar esta data. O PSdeG-PSOE optou por Rianxo como vén facendo os últimos anos, a vila de nacemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, para homenaxear á terra galega e onde líder socialista, José Ramón Gómez Besteiro, apelou a reivindicar Galicia como unha causa diaria.

