O vindeiro 26 de xullo, a ría de Arousa converterase nun escenario de superación, solidariedade e conciencia. Celebrarase o décimo aniversario da travesía a nado Arousaman e Arousawoman 2025, unha proba de resistencia que une O Grove con Ribeira nun percorrido de 13 quilómetros a favor do dano cerebral adquirido.

