Os próximos 18, 19 e 20 de xullo, Noia acollerá unha das festas máis esperadas do ano no propio municipio: a súa Feira Medieval. Un evento que se consolida como un dos maiores atractivos turísticos da vila. Durante estes tres días, as rúas do centro histórico converteranse nun escenario único cheo de historia, música e espectáculos.

