Esta fin de semana desenvolveuse en Noia o III Congreso internacional de innovación en odontoloxía, cita á que asistiron máis de 250 expertos. O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, participou o sábado na xornada que se realizou no Coliseo Noela. Alí adiantou que se crearán no Servizo Galego de Saúde novas unidades multidisciplinares de saúde bucodental para pacientes con necesidades especiais.

