Icono del sitio CanalBarbanza.com

GÓMEZ CAAMAÑO AVANZOU EN NOIA A CREACIÓN DE NOVAS UNIDADES MULTIDISCIPLINARES DE SAÚDE BUCODENTAL

Esta fin de semana desenvolveuse en Noia o III Congreso internacional de innovación en odontoloxía, cita á que asistiron máis de 250 expertos. O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, participou o sábado na xornada que se realizou no Coliseo Noela. Alí adiantou que se crearán no Servizo Galego de Saúde novas unidades multidisciplinares de saúde bucodental para pacientes con necesidades especiais.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil