18.9 C
Chicago
20 septiembre, 2026
Image default

INGRESA EN PRISIÓN A RESPONSABLE DO DUPRO ACCIDENTE MORTAL DE PALMEIRA

Máis de seis anos despois do accidente en Palmeira onde Sara Lampón e Abraham Muñiz faleceron nunha colisión frontal, María del Pilar Fernández ingresa en prisión para cumprir os 12 anos e medio de condena.

Fíxoo na tarde do 30 de xuño logo de decretarse unha orde de busca e captura logo de non poder contactar con ella no seu domicilio en Toledo. A responsable do sinistro acodeu polos seus propios medios á prisión de Madrid I, en Alcalá de Henares, donde polo de agora permanece interna.

Con este ingreso no cárcere remata un longo procedemento no que se sentenciou que a condenada conducía a 130 km por hora cando invadiu o carril contrario da estrada AC 305 en Palmeira, por onde circulaba o vehículo de Sara e Abraham, que faleceron no acto pola colisión frontal.

Na sentenza establecíase ademais que a condutora pilotaba baixo as influencias dde bebidas alcólicas e de medicamentos que potenciaban os efectos do alcol.

Related posts

O CONCELLO DE RIBEIRA MELLORA OS VESTIARIOS DO CAMPO DE FÚTBOL DA TASCA

CloudyX

RIBEIRA ACOLLERÁ O 27 DE SETEMBRO A REPRESENTACIÓN DO MUSICAL INCLUSIVO ‘PETER! VOAMOS!”

CloudyX

DÁ COMEZO A RENOVACIÓN DO PASEO DE MADEIRA DO CARREIRO GRAZAS AO OBRADOIRO DE EMPREGO TAHUME

CloudyX