O novo Plan Parcial de Barraña segue provocando reaccións dende as agrupacións políticas de Boiro. A última en saír é a de Boiro Novo, que lamenta a negativa dos socialistas ante a súa moción no pleno municipal de bloquear o acceso aos grandes propietarios de vivendas.
Dende Boiro Novo argumentan que ninguén debería facer negocio coa vivenda, polo que se opoñen a estes fondos de inversión na súa vila.