A cultura non deixa de estar presente en Ribeira, sobre todo a vencellada ao mundo mariñeiro. O municipio acolle do 17 ao 20 de xullo o Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia e o concello vén de sumar unha nova exposición enmarcada nos actos previos desta cita. Nesta ocasión trátase da mostra titulada “Un paseo polo mar a través das maquetas”, que está formada por pezas de Manolo Sampedro, Manolo Paz e Miguel Abraldes e que foi inaugurada o sábado no Liceo Marítimo ribeirense.

