Este luns arrancou unha nova campaña marisqueira en Muros. A actividade regresou á lonxa local onde esta mañá se comercializaron kilos de ameixa, berberecho e ameixón. A tónica desta semana está a ser positiva no referente á cantidade de marisco que están a extraer dos bancos as profesionais de a pé.

