Portosín agarda con ansia o fin da veda da xouba. Moitas embarcacións levan semanas recollendo exemplares e devolvéndoo ao mar, e agora a ría comeza a encherse deste peixe.
Moitos armadores piden calma polo momento pero tamén que os deixen traballar cando chegue o momento.

