Paulatinamente a frota de vehículos eléctricos vai aumentando e o Colexio de Administradores de Fincas de Galicia alerta da necesidade de adaptar os garaxes comunitarios á normativa vixente do 2023. Regulación que afecta aos estacionamentos de máis de 20 prazas e que impón medidas estritas de ventilación e seguridade para previr incendios e garantir o uso das instalacións. Algo no que tamén insisten os profesionais do automóbil.

