A Academia Xacobea regresou a Noia esta fin de semana. O Coliseo Noela abriu as súas portas o venres para acoller a sesión solemne que realizou esta institución na vila noiesa en colaboración coa Asociación de Concellos da Ría de Muros e Noia. Estivo presidida polo conselleiro de Cultura, José López Campos, e a ruta que une esta ría con Santiago foi unha das protagonistas da tarde.

