Alfonso Villares deixa o Goberno galego e de encabezar a Consellería do Mar. Así o anunciou el mesmo na tarde de onte logo de presentar a súa dimisión e tamén afondou no motivo: recibir unha notificación do Tribunal Superior de Xustiza na que se lle informaba da súa condición como investigado nun proceso xudicial.

