Hoxe déronse a coñecer os datos da situación do paro e Galicia vén de rexistrar un mes de maio histórico. Acadou o nivel de desemprego máis baixo dende que hai referencias, o 1996, ao contar con 111.641 parados. Tamén se produciu un descenso na evolución anual e na mensual, cun ritmo superior ao da media do Estado. Cifras que destacou o conselleiro de Emprego, José González.

