A Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos noiesa abriu as súas portas o sábado pola mañá para acoller a presentación do libro “Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos”, de Roberto Mera. A obra recibiu o premio investigación e ensaio Antón Losada Diéguez 2022 e sobre el afondou o seu autor.

