O pazo do Martelo foi o lugar escollido pola mancomunidade Barbanza Arousa para presentar o seu plan de promoción turística para o presente exercicio. Trátase dunha aposta cun eixe principal na colaboración público-privada coa que se quere facer de Ribeira, Pobra, Boiro e Rianxo un destino no que se busque a tranquilidade, a desconexión dos visitantes.

