O verde tinguirá as rúas de Ribeira o vindeiro 24 de maio cunha nova edición da andaina “En marcha contra o cancro”. Unha iniciativa solidaria coa que a xunta local da AECC ribeirense busca dar visibilidade a esta doenza e recadar fondos para a investigación. A andaina é a actividade principal e comezará ás 18.00 horas con saída do Malecón.