A cultura está a protagonizar as últimas xornadas en Noia. Non só se está a desenvolver a Semana da Historia cun especial protagonismo do mar se non que a fin de semana arrancou coa presentación da edición facsímile de “Xornadas de Bastián Albor”. Trátase dunha obra de Álvaro de las Casas que neste caso é estudada e editada por Xavier Castro. Libro que se presentou na casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos coincidindo co 75 aniversario do falecemento de Casas, sendo unha obra que escribiu cando o autor estaba en Noia.

