Cada 25 de abril conmemórase no calendario católico o San Marcos. Unha data intrascendente en moitos concellos, pero non en Noia. Alí, ata sendo festivo local, celébranse as tradicionais festas na honra deste santo.
Hoxe foron ademais os pratos fortes do programa, coa feira cabalar e a exhibición de maquinaria agrícola en San Lázaro.
Unhas actividades que atraeron a veciños e visitantes a Noia para desfrutar dunha das festas máis senlleiras da comarca. Comprar ferramentas, dar un paseo e ir comer o polbo son os principais atractivos do San Marcos.