Noia

DETIDO UN CAMIONEIRO NO CORREDOR DE NOIA CIRCULANDO A 168 QUILÓMETROS POR HORA

A Garda Civil de Tráfico detivo na madrugada do sábado a un condutor de camión ao conducir a unha velocidade de 168 km/h no corredor Santiago Noia. O límite da vía é de 90 km/h, a mesma velocidade marcada como máximo á que poden circular este tipo de vehículos.

Os axentes observaron como o camión conducía de xeito temerario, realizando manobras perigosas, polo que decidiron darlle o alto ante o risco para a seguridade viaria. A inspección do tacógrafo demostraba que o vehículo circulara superando amplamente os 120 km h amplamente, chegando nalgún momento aos 168.

O condutor foi denunciado por un delito de condución temeraria, o que supón a perda de seis puntos do carnet de conducir. Ademais, impútanselle infraccións polo mal funcionamento do limitador de velocidade, carecer de autorización para o transporte público e diversas infraccións relativas ao incumprimento dos tempos de condución e descanso obrigatorios.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.