Esta mañá o salón de plenos da Pobra acolleu unha sesión extraordinaria na que se tratou un só punto, a aprobación inicial do orzamento municipal para o presente exercicio. O concelleiro de Facenda, Eloy Sobrido, afondou no documento e apuntou que ascende a 10,86 millóns de euros divididos en diferentes partidas.