Barbanza

FALECE UN TRABALLADOR ELECTROCUTADO NO HOSPITAL DO BARBANZA

Un traballador de 52 anos perdeu onte a vida no Hospital do Barbanza cando se atopaba instalando o novo sistema de climatización nos quirófanos. Era operario dunha empresa externa e tratábase do primeiro día de labores no centro comarcal.

Polo momento non trascenderon moitos datos sobre o accidente, ao estar baixo investigación pola Policía Nacional e o comité de Seguridade e Saúde Laboral.

Como sinal de respecto, hoxe pola mañá os traballadores do centro concentráronse ás portas do hospital para realizar un minuto de silencio e enviar as súas condolencias á familia.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.