Esta mañá o pazo do Hórreo abriu as súas portas para albergar unha nova sesión de control do Parlamento galego. A oposición trouxo temas de actualidade para coñecer os camiños que tomará a Xunta para atallar as problemáticas que hai. O voceiro do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, foi o primeiro en intervir e afirmou que hai moitas cuestións a mellorar na sanidade pública galega, aínda que afondou en dous problemáticas que destaca a cidadanía.