Recentemente a Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo non admitiu a trámite o recurso de casación que presentara a federación de bateeiros Femex contra a sentenza do Tribunal Superior de Xusiza de Galicia que avalaba a actuación da Xunta de facer unha reserva de zonas exclusivas para a explotación do percebe, os coñecidos como santuarios. O sector mexilloeiro da comarca reitera unha das ideas que se defendían.