Noia

UN CONDUTOR DÁ POSITIVO EN DOUS CONTROIS DE ALCOLEMIA EN TAN SÓ HORA E MEDIA

A Garda Civil investiga a un home en Noia como presunto autor de dous delitos contra a seguridade viaria. Este condutor deu positivo en dúas probas de alcolemia dupricando o máximo permitido. Os dous exames realizáronselle no mesmo día en dous controis diferentes con tan só hora e media de diferencia.

Os feitos ocorreron cando unha patrulla da Garda Civil de Santiago estaba realizando un control de alcol e drogas na estrada AC 550, dentro do termo municipal de Noia. Ao observar un vehículo con condución errática, decidiron darlle o alto. O condutor carecía do permiso de circulación por resolución xudicial. Ao realizarlle a proba de alcolemia, o resultado dupricaba o máximo permitido.

Por iso, investigouselle como autor dun delito contra a seguridade viaria por conducir baixo os efectos do alcol. Ao non poder manexar o vehículo, o home avisou a un coñecido para que se fixera cargo da condución, abandonando ambos o lugar.

A sorpresa destes axentes chegou hora e media despois. Desprazados á estrada provincial DP 1105, aínda no concello de Noia, detectaron novamente ao infractor conducindo o mesmo vehículo.

Ao detelo, realizáronlle a proba de alcolemia, cunha taxa de alcol que superaba amplamente o máximo permitido. Volvéuselle investigar como presunto autor dun delito contra a seguridade, conducir un vehículo a moroto carecendo da correspondente autorización administrativa.

O condutor enfróntase agora a penas de prisión de 3 a 6 meses ou multa de 12 a 24 meses e traballos en beneficio da comunidade de 31 a 90 días. No caso de ser condeado, deberá afrontar o agravante de reincidencia, o que suporá 2 multas de 1000 euros cada unha e a retirada de 12 puntos do carnet por cometer dúas infraccións moi graves segundo a Lei de Seguridade Viaria.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.