Galicia

ESTUDO SOBRE INSUFICIENCIA MITRAL SEVERA ACADA O PREMIO RAMIRO CARREGAL DE INVESTIGACIÓN EN CARDIOLOXÍA

O Premio Internacional Ramiro Carregal de Investigación en Cardioloxía xa ten gañadora da súa oitava edición. Trátase de Inés Gómez Otero, responsable da unidade de insuficiencia cardíaca especializada no Hospital Clínico Universitario de Santiago e investigadora do IDIS.

A súa investigación tratará de identificar precozmente pacientes con insuficiencia mitral severa que non respondan ao tratamento convencional. Buscaranse así estratexias terapéuticas máis avanzadas e personalizadas segundo as necesidades de cada individuo.

O estudo levarase a cabo no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela e no Hospital La Fe de Valencia, e incluirá variables clínicas, analíticas e ecocardiográficas obtidas durante a hospitalización e o seguemento posterior.

O obxectivo do proxecto será achegar evidencia científica que fortaleza as guías clínicas no manexo da insuficiencia mitral severa, unha condición clínica prevalente con alta morbimortalidade e unhas implicacións pronósticas que aínda non foron suficientemente exploradas.

O premio entregarase nun acto solemne o vindeiro 22 de abril na capital galega.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.