Borrón e conta nova. Esta era a idea que perseguía o Berberecho de Noia nesta sexta xornada da loita pola permanencia na Primeira División, e cumpriu o obxectivo. Logo de dúas derrotas seguidas, os noieses chegaban a Viveiro nunha situación complicada e afrontaban este duelo con moitas baixas xa que Ángel Castro só tiña dispoñibles a cinco xogadores do primeiro equipo e completou a convocatoria con Lucar García, do xuvenil, e Noel Pouso, do filial.