O salón de plenos do Concello de Outes acolleu onte unha nova sesión presidida polo novo alcalde popular, Francisco Calo. A orde do día contaba con diferentes puntos e arrancou coa dación de contas sobre a formación da xunta de goberno local e das áreas delegadas de cada concelleiro. Calo ostentará a alcaldía e as competencias en Educación, Turismo, Patrimonio e Cultura. Pola súa banda, o Andrés Castro será o concelleiro delegado en Obras e Servizos, Medio Rural, Asuntos do Mar e Eventos.

