Hoxe publicáronse os últimos datos referidos á evolución do paro en marzo e o conselleiro de Emprego, José González, valorou as cifras referentes a Galicia. Con 119.155 persoas, a comunidade galega rexistra a cantidade máis baixa neste mes de toda a serie histórica, que se remonta ao 1996.