O campo de fútbol Emilio García de Porto do Son conta xa con novos focos de iluminación. A Xunta invertiu no proxecto 60 mil euros que serven para mellorar a visibilidade do lugar a eficiencia enerxética.
Un aforro que reducirá o gasto nun 54 por cento e que se suma a moitos outros proxectos neste campo por todo o termo municipal sonense.