A semana pasada, e tras anos e meses de loita e folgas, o Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento da Coruña, integrado pola Deputación da Coruña e a Xunta, aprobou o primeiro convenio colectivo para o persoal operativo dos parques provinciais de bombeiros. Tamén se deu luz verde á modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT), que define as funcións de todos os postos e o novo organigrama. Pasos adiantes que os profesionais reciben con boas perspectivas.