Continúa o enfrontamento entre Xunta e oposición polo proxecto da macrocelulosa Altri en Palas de Rei. Logo da manifestación o domingo na Pobra e as declaracións das forzas parlamentarias, o debate trasladouse hoxe ao Parlamento de Galicia.
O primeiro en intervir foi o secretario xeral socialista, que preguntou ao presidente da Xunta que tipo de axuda proporcionarán á multinacional portuguesa, dando a entender que se trata da DIA.

