O Exército español conta na actualidade con 116 mil militares profesionais segundo o balance do ano 2024. Trátase dun número histórico, pero pola parte positiva. Dende a supresión do servizo militar obrigatorio no 2001 non se rexistraba unha cifra tan baixa.
A perda de efectivos vense notando sobre todo dende o 2010, ano no que había en activo 130 mil profesionais, unha perda de aproximadamente 13 mil 600 efectivos.
Ante a situación de tensión na xeopolítica mundial, co frente ruso e ucraíno aberto e as recentes tensións cos EUA, moita xente pide a volta da mili.
Mellor preparación militar e disciplina son os argumentos defendidos por quenes xa tiveron que destinar un ano da súa vida a formarse.

