A guerra na Ucraína e as negociacións entre Rusia e os Estados Unidos continúan no punto de mira da Unión Europea. Dende Bruxelas seguen esixindo a España e demais países da eurozona o aumento do gasto en defensa, algo que está xerando diversidade de opinións ata no Goberno español.
Os membros de Sumar no Executivo avogan por non seguir as políticas comunitarias e mesmo a saída da OTAN, mentres que dende a oposición presionan ao Goberno para seguir as esixencias da Unión.
Unha diversidade de opinións que se traduce nas rúas. Os temerosos dunha posible escalada do conflito en Ucraína e a expansión do conflito ao resto do continente piden así invertir máis en defensa.