19 noviembre, 2026
Image default

O PREMIO DE INVESTIGACIÓN ONCOLÓXICA RAMIRO CARREGAL 2025 RECAE ESTE ANO NAS MANS DE MANUELA GAGO E NOELIA TARAZONA

Xa se coñece o fallo do Xurado do Premio Internacional de Investigación Oncolóxica Ramiro Carregal. A escollida nesta décimo terceira edición é a doutora Manuel Gago, mentres que a vencedora no Premio a Talentos Emerxentes foi a valenciana Noelia Tarazona.

O XIII Premio Internacional de Investigación Oncolóxica Científica e Técnica Ramiro Carregal, dotado con 30.000 euros, recaeu, «por unanimidade», en Manuela Gago Domínguez, líder do Grupo de Xenética e Epidemioloxía do Cancro do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago.

As súas contribucións científicas máis sinaladas céntranse nas estratexias de medicina de precisión e na investigación oncolóxica xenética, incluíndo o descubrimento de novos xenes/variantes xenéticas de susceptibilidade ao cancro de mama, vexiga, próstata, colorrectal, leucemia linfoblástica aguda, linfoma de Hodgkin e mieloma múltiple.

A Dra. Gago tamén identificou biomarcadores de diagnóstico precoz do cancro de mama, publicando a primeira evidencia en humanos do aumento do risco con niveis elevados de neutrófilos e a relación ‘neutrófilos a linfocitos’ (NLR), e tamén da asociación da encima lipasa plasmática cun maior risco de padecer esta enfermidade.

Manuela Gago asegura recibir este Premio Ramiro Carregal con «especial interese e agarimo» e agradece «un mecenado que serve para apoiar a investigación oncolóxica, pero tamén como exemplo do importante papel que deberían ter o mundo empresarial e a sociedade en algo tan esencial como é a sanidade, que nos afecta a todos».

O premio a persoal investigador menor de 45 anos (dotado con 10.000 euros) recaeu, nesta sexta edición, na Dra. Noelia Tarazona «polo seu compromiso coa investigación de vangarda e a súa capacidade para integrar coñecemento multidisciplinario na práctica clínica».

O seu labor foi recoñecido por múltiples entidades, liderando proxectos financiados por organizacións de prestixio como o Instituto de Saúde Carlos III, SEOM, Mutua Madrileña, Gilead e AECC. Ademais, contribuíu activamente ao fortalecemento da rede de investigación en oncoloxía en España, a través da súa participación en CIBERONC e a creación de módulos de traballo en biopsia líquida.

Related posts

ALLEGUE RECLAMOU AO GOBERNO CENTRAL A PARÁLISE DA SUBA DOS PREZOS DA AP-9 PARA O 2027

CloudyX

O PSDEG REIVINDICOU EN AMICOS O DEREITO DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE A PARTICIPAR NA VIDA POLÍTICA

CloudyX

A GARDA CIVIL DESMANTELOU UN GRUPO ESPECIALIZADO EN ROUBOS CON FORZA E VIOLENCIA

CloudyX