Representantes da Consellería do Mar e das confrarías galegas reuníronse onte para buscar solucións ante a escaseza do polbo e acordáronse medidas a realizar para intentar recuperar a especie. Por iso nesta campaña desenvolverase unha parada biolóxica en abril e unha veda en maio e xuño. Durante estes tres meses non se poderá capturar este cefalópodo, plan experimental que vén de ser anunciado para axustar a pesqueira ao ciclo de vida da especie para protexer a súa reprodución.