18.9 C
Chicago
20 septiembre, 2026
Image default

A GARDA CIVIL DETÉN A CINCO VECIÑOS DE BOIRO POR DELITOS CONTRA A SAÚDE PÚBLICA E PERTENZA A GRUPO CRIMINAL

A Garda Civil de Boiro vén de deter a catro homes e unha muller como presuntos autores de varios delitos contra o patrimonio no marco da Operación Mansao.

O operativo comezou no verán do 2024 logo do incremento de delitos contra patrimonio ocorridos no municipio. Todos eles foron realizados polos compradores de substancias estupefacentes, normalmente en zonas próximas a puntos de venda.

Segundo fontes policiais, a actividade delictiva cesou unha vez os detidos comezaron a sospeitar que podían estar sendo investigados. Así, o líder da banda, un vello coñecido polos axentes boirenses, só se vía con compradores que subministraban a terceiros. O resto de vendas, controladas aínda así polo cabeza, eran realizadas polos outros compoñentes do grupo.

Unha vez coñecida a identidade dos integrantes, a Garda Civil detivo ás cinco persoas como presuntos autores din delito contra a saúde pública e outro de pertenza a grupo criminal. Durante a operación tamén se incautaron 93 gramos de heroína, 84 de cocaína, 10 de haxix e 4 de marihuana, ademais de 450 euros en moeda fraccionada e útiles para a manipulación e distribución destas substancias.

Related posts

O PLENO DE BOIRO APROBA MÁIS DE 954.000 EUROS DO POS+ ADICIONAL PARA MELLORAS EN A CACHADA E VISTA ALEGRE

CloudyX

O CONCELLO DE BOIRO SACA A LICITACIÓN AS OBRAS DE MELLORA DA INFRAESTRUTURA VIARIA NO PARQUE EMPRESARIAL DE ESPIÑEIRA

CloudyX

A GARDA CIVIL DETÉN A DÚAS PERSOAS E DESARTICULA UN PUNTO DE VENDA DE DROGA EN BOIRO

CloudyX